'Luces do Atlántico', piano e gaita para celebrar o Día das Letras
 
  Thu, 17 May 2012 20:05:00 +0200
   
Intervención do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no acto conmemorativo do Día das Letras Galegas 2012 no CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo
 
  Thu, 17 May 2012 16:28:00 +0200
   
Declaracións da conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, tras a reunión do Consello de Política Fiscal e Financeira
 
  Thu, 17 May 2012 16:23:00 +0200
   
Alberto Núñez Feijóo preside a Sesión Plenaria Extraordinaria e Pública da Real Academia Galega no Día das Letras Galegas
 
  Thu, 17 May 2012 14:33:00 +0200
   
Declaracións da conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, sobre a reunión do Consello de Política Fiscal e Financeira desta tarde en Madrid
 
  Thu, 17 May 2012 13:27:00 +0200
   
Medio Rural inviste preto dun millón de euros en traballos preventivos de limpeza de caniños na provincia de Ourense
 

O delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, subliña que estas actuacións “reducen o risco de incendio así como os seus posibles danos, ao tempo que facilitan a mobilidade

A Consellería asinou este ano un total de 59 convenios para labores de desbroces de marxes de pistas e estradas municipais
 

  Thu, 17 May 2012 12:06:00 +0200
   
O Xacobeo inicia a xira por terras insulares de Portugal da exposición fotográfica ‘Olladas no Camiño de Santiago’
 

Esta exposición, que comezou a súa itinerancia por Portugal o pasado 29 de abril en Barcelos, amósase simultaneamente con dúas coleccións tanto por terras continentais como insulares do país veciño

A mostra Olladas no Camiño pode visitarse no Centro de Estudos Natalia Correia, na localidade de Ponta Delgada da Illa de San Miguel, nas Azores, e permanecerá alí ata o día 27 de maio

Na exposición reflíctese a visión particular sobre o Camiño de Santiago dos fotógrafos galegos Delmi Álvarez, Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino e Tino Viz
 

  Thu, 17 May 2012 11:18:00 +0200
   
A Xunta estrea no hospital Arquitecto Marcide de Ferrol un sitema pioneiro para centralizar a xestión de consumo enerxético nos edificios públicos
 

O sistema posto en marcha polo Inega remitirá informes do centro para analizar a evolución da demanda enerxética do edificio ao longo do tempo

A plataforma permite ao usuario consultar, de xeito on-line, as principais variables que afectan ao complexo: potencia contratada, enerxía, consumos de gas ou de gasóleo
 

  Thu, 17 May 2012 11:14:00 +0200
   
A Consellería de Cultura e Educación colabora coa Fundación Carlos Casares na ‘II Edición dos Diálogos Literarios do Gaiás’, que terán lugar o 1 e 2 de xuño
 

No décimo aniversario do pasamento de Carlos Casares, o Gaiás convértese unha vez máis no centro da cultura galega, reunindo a diferentes escritores e amigos de Casares para conversar sobre a literatura da última década

Autores, editores, críticos literarios e profesores poderán conversar con Marina Mayoral, Bieito Iglesias, Basilio Losada, Arcadio López-Casanova, Lasse Söderberg, Ana Luisa Amaral ou José María Merino

A xornada do sábado, a cargo de José María Merino e Bieito Iglesias, estará aberta ao público previa inscrición de balde en www.cidadedacultura.org

  Thu, 17 May 2012 11:10:00 +0200
   
A Xunta mantén que a economía galega crecerá máis que a española este ano tras reducir o diferencial no primeiro trimestre
 

A previsión é que o crecemento do PIB galego sexa dúas décimas mellor que o do conxunto do Estado

A evolución da economía galega de xaneiro a marzo foi do -0,3%, o mesmo que a española

No últimos 12 meses o PIB autonómico rexistrou un comportamento do -0,5%

Os servizos experimentaron un crecemento do 1% e as ramas do sector primario un 0,7%

  Thu, 17 May 2012 11:10:00 +0200
   
Os mozos e mozas posuídores do carné Xove poden acceder a descontos de ata o 30 por cento para a Xira Galega de Karting
 

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe en Padrón na presentación da iniciativa privada que percorrerá entre maio e agosto un total de 9 cidades galegas

Rodeiro destacou que este ano adheríronse ao carné xove un total de 179 novos establecementos de Galicia

En 2011, a área autonómica emitiu un total de 29.257 carnés chegando na actualidade ata os 50.574 titulares
 

  Thu, 17 May 2012 11:01:00 +0200
   
Medio Ambiente comezará as obras de construción do emisario da depuradora de San Cibrao, en Cervo, no próximo mes de xuño
 

A Xunta, mediante a construción deste emisario submarino, posibilitará a posta en servizo da estación depuradora deste núcleo lucense

O emisario proxectado parte da EDAR de San Cibrao e estará constituído por un primeiro treito terrestre en gabia e dous tramos submarinos, un principal e o treito de difusor final

  Thu, 17 May 2012 11:00:00 +0200
   
Medio Ambiente abre o prazo para a inscrición no curso de guías do Parque Nacional Illas Atlánticas, que se celebrará en xuño
 

O curso de formación está especialmente dirixido a profesionais que realicen a súa actividade no ámbito do Parque Nacional

Entre os contidos que achegará atópanse os coñecementos sobre os valores naturais, tanto no que se refire ao medio físico, como ao medio mariño, a flora e fauna terrestre ou a historia e o patrimonio culturas da zona emerxida

Serán aproximadamente 30 horas de formación para un total de 40 prazas. O prazo de inscrición remata o 27 de maio

  Thu, 17 May 2012 10:49:00 +0200
   
O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama realizou máis de 39.000 exploracións nos tres primeiros meses do ano
 

Sanidade está a levar a cabo unha modernización e renovación da estrutura asistencial do Programa, co obxectivo de aumentar a calidade e actualización tecnolóxica do mesmo

  Thu, 17 May 2012 10:30:00 +0200
   
As auditorías feitas por Economía e Industria, a través do Inega, reflicten que é posible reducir case á metade a factura enerxética dos concellos galegos
 

Aplicando medidas de aforro e eficiencia os municipios poderían acadar un aforro económico do 45%, o que significa unha diminución total de 1,4 millóns de euros nos 20 concellos auditados por Economía e Industria

Analizáronse preto de 3.000 instalacións que, de ser substituídas por outras máis eficientes, evitarían a emisión de 3.335 toneladas anuais de CO2 á atmosfera
 

  Thu, 17 May 2012 10:19:00 +0200