La Guía de Ferrol En venta - VenderMiWeb.com This is alternative content. Ferrol Patrimonio de la Humanidad
Viernes, 18 Mayo 2012, 9:04:51 am
Español

Portada
Inicio
Axenda
Comarcas
Emprego
Historia
Noticias
Televisión
Lecer y Deporte
Páxinas amarelas
Foros de Ferrol
Denuncia aquí
Universidade
Ferrolterramaps

Enlaces

Sitios de Ferrolerra, Eume e Ortegal

Enlaces

Webs amigas:

 

Cerdido - Un pouco de Historia

A delimitación do termo municipal foi controvertida por non se adaptar completamente ás divisións das entidades naturais de poboación. De todos os xeitos, o territorio deste concello foi incluído no condado de Labacengos dende a época sueva, no século VI, cando se fixo a primeira división da diocese de Iria Flavia.
Entre os castros, o que máis chama a atención é o de Cerdido, próximo á vila da Igrexa, onde se atopou en 1840 un singular torque de ouro, de tipo moi pouco frecuente en Galicia, case único, semellante ao tipo de xoias celtas achadas en Irlanda.
O nome de Cerdido aparece por primeira vez nun documento de doazón de parte dos bens da igrexa de San Martiño de Cerdido, que fixeron Fernando Pérez e a súa muller Sancha González ao mosteiro de Xubia o 3 de novembro de 1152. O topónimo non procede, como é crenza popular, de “cerdo”. A abundancia de carballeiras e caxigos, en latín “quercus”, dá lugar ao topónimo “quercetum”, derivándose de aí o nome actual.
No século XVII exercía xurisdición sobre o municipio un xuíz nomeado polo marqués de San Sadurniño, que tamén ostentaba o título de vizconde de Cerdido.
Na división local do século pasado só dúas parroquias formaban o concello: Cerdido e Os Casás, pero no barrio de Malados, ao bordo do camiño de Ferrol a Viveiro, onde había un mesón e a capela de Santo Antonio, foi crecendo un núcleo urbano ata que no ano 1869 quedou constituído en parroquia independente. A Barqueira era o nome do mesón..
www.guiaferrol.net Copyright © 2006 - Aviso Legal